lunes, 16 de mayo de 2011

QUENES SOMOS E POR QUÉ


 Agrupación de Electores de Redondela

            Somos unha agrupación de cidadáns que non nos vemos reflexados en ningún dos partidos presentes en Redondela. Non somos un partido político, a nosa única pretensión é ser a voz dos veciños no concello.


1. AS NOSAS INTENCIÓNS

o- Somos un grupo de veciños/as de Redondela preocupados polo noso pobo e concienciados de que xuntos podemos cambiar as cousas.

o- Rexímonos por unha serie de principios e dun regulamento interno que nos define como agrupación.

o- Crearemos un canle de comunicación real entre o pobo e o concello.

o- Queremos fomentar a participación activa de toda a cidadanía.


o2. OS PRINCIPIOS QUE NOS DEFINEN


o- Sostenibilidade e respecto ao medio ambiente.
o- Igualdade e inclusión social.
 
o- Recuperación e promoción do patrimonio cultural, lingüístico, urbanístico e entorno natural.
 
o- Transparencia: no referente ao concello e á AER.
 
o- Tolerancia cero coa corrupción.
 
o- Participación e democracia.



3.COMO ACTUAMOS
----POBO  (PROPOSTAS)

----AER
- GRUPO DE ESTUDIO
A PROPOSTA É COHERENTE                                  
COS NOSOS PRINCIPIOS?  

LEXISLACIÓN  
CONSULTA A EXPERTOS
VÍAS DE ACTUACIÓN

 INFORMAR

A CIUDADANÍA         




ASAMBLEA     DEBATE E VOTACIÓN


ACTUACIÓNS  



4. REGULAMENTO INTERNO



o- Somos unha agrupación de electores, non un partido político.
o- A agrupación é aberta, flexible, participativa e democrática.
o- As asambleas son abertas a toda a cidadanía.
o- As propostas poden vir dende calquera identidade ou cidadá/n.
o- Non se farán pactos partidistas. Apoiaranse as propostas puntuais que - cumplan cos nosos principios sen ter en conta o partido.
o


- Os nosos representantes no concello serán elexidos por asamblea


5.PRIORIDADES/PROPOSTAS DE ACTUACIÓN


o- Transparencia
o- Participación directa dos veciños
o- Control das contas municipais
o- Sostenibilidade do pobo
o- Fomento de emprego no municipio
o
- Descentralización do gasto cara a periferia




NOS SOMOS VOS
XUNT@S DECIDIMOS



ISTO SE PODE CAMBIAR ENTRE TODOS

MOVILÍZATE 

2 comentarios:

  1. XA ERA TEMPO
    Xa era tempo de que alguén
    Devolvese ao pobo o que é ,e sempre
    Foi do pobo, a palabra.
    Xa era tempo de que alguén
    Escoitara a palabra enmudecida do pobo.
    Xa era tempo de que alguén
    Queira ser o pobo, parte do pobo
    E vivir para o pobo, e non vivir do pobo.
    Xa era tempo do rexurdimento,
    Da reacción visceral do pobo
    Descontento cos que rexen o pobo.
    Digo pobo e digo terra.
    Digo terra e me abonda
    Para saber de onde veño.
    Non preciso de ideoloxías
    Para querer o mellor
    Para a xente do meu pobo.

    Xoan Alonso.

    ResponderEliminar
  2. Enhorabuena por la iniciativa, a ver si cunde el ejemplo

    ResponderEliminar